Monday 20 de May de 2024

Presentación da obra de Carmen Torreiro nas Torres de Santa Cruz


O xoves 7 de marzo ás 19:00 horas, Carmen Torreiro presentará a súa obra Aprendendo a vivir na túa ausencia
no teatro As Torres de Santa Cruz. Intervirán no acto a propia autora, o escritor e editor Xulio López Valcárcel e a psicóloga Alma López Sande.

Aprendendo a vivir na túa ausencia é un conmovedor poemario dedicado ao seu fillo Siegfried, finado o un de marzo de 2019.

A autora, a través destes poemas, comparte unha parte íntima da súa vida: o enfrontamento á angustia pola enfermidade mental dun ser querido e ao sufrimento pola súa perda. Recollen un mundo de emocións, de amor e dor, sentimentos universais que todos compartimos.

Carmen Torreiro traballou de mestra en Salamanca, Zamora e A Coruña, profesora de Lingua e Cultura Española en Besançon, Lille e París, pintora, gravadora, ceramista, escribe desde sempre. Tamén fai teatro e canto.
Como pintora realizou exposicións individuais e colectivas en Francia e en España. Ten obra en organismos oficiais de Francia e de España. Como escritora publicou en revistas e en libros colectivos.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.